COSTA DA MORTE: NAUFRAXIOS
aAntena co apoio da Deputación da Coruña expande o seu proxecto "Naufraxios" por vilas da Costa da Morte.
Un espectáculo dramático e poético onde se busca honrar a persoas que marcharon e inducir unha experiencia innovadora aos espectadores. O espectador entra nun lugar visitado, mais mudado para o día cunha nova iluminación que permita ir vendo , entre sombras, o que acontece nese mundo sen tempo que se presenta.
A proposta escénica baséase na procura de facer camiñar e visitar dun xeito diferente un enclave básico para o turismo da zona, xerando unha acción de turismo experiencial que axude a dar máis profundidade ao noso patrimonio invisible.
Dirección | XOSÉ LEIS Produción | BERNARDINO MARTÍNEZ
Espectáculo co apoio de