JUDY GARLAND
Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. Todos buscamos sermos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, alonxámonos da persoa que nos puido amar, asasinamos a esperanza da verdade. O 22 de xuño de 1969 é o día do pasamento de Judy Garland. A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrumpe en redada no “Stonewall Inn” un bar gay de Greenwich Village.
Unha posta en escena estilizada onde todo o público pode sentirse identificado co que viviu a Dorothy do Mago de Oz.
Un “one (wo)man show” que mostra a versatilidade e capacidades de Isabel de Toro.
Actriz | ISABEL DE TORO Dirección | XOSÉ LEIS Texto | OZKAR GALÁN Produción | BERNARDINO MARTÍNEZ
Estrea : TEATRO COLÓN 28/04/2017
Duración : 70'
Espazo : 5X5x5 (caixa negra)
Montaxe : 3h
Trailer : https://www.youtube.com/watch?v=fd1MuBYyEL4&t=4s